¡Bienvenido/a!

Pareces nuevo por aquí. Si quieres participar, ¡pulsa uno de estos botones!

Sete cruceiros, sete cidades

Sete cruceiros, sete cidades;

máis un río de esperanza,

cruzando por brancas nubes.

Bandeira do fogar, de Galiza. 


A terra de Breogán, o rei Celta.

Dende Brigantia ata o río Miño,

pasando polo Arde Lucus, de festa,

ata Vilagarcía, terra do Albariño


Son das Mariñas, son que me invades,

pola beira das tuas costas máxicas,

navegando polas túas rías, teus mares.

Acantilados de vertixe, fermosas praias. 


Meigallos das meigas por San Xoán.

Saltando fogueiras, rapaces e maiores;

bebendo queimada e sardiñas con pan.

Cándo queiras Verán, tráeme os soles.


Eterna estadea, Santa Compaña,

os cristiáns nomeáronte santiña,

lévame ca túa procesión de pena,

cas ánimas dos celtas; estantiga miña.


Eres a miña terra, eres o meu suspiro.

Eres a casa no medio da tormenta;

eres verde esperanza; aire que respiro;

eres olor a chuvia; terra cor da menta.


Lévame polos teus montes perdidos,

por verbenas, polas feiras, por ti.

Por prados verdescentes prohibidos.

Mándame un bico, faino xa, aquí.


Lar de mariñeiros; lugar do marisco;

fogar de percebeiros, mares de risco;

pois así é o noso océano, embravecido.

Lar do raqueiro, máis do pirata temido.


Unha estrela, un desexo de cerveza.

Un luscofusco namora cos seus lumes.

Andoriñas, bolboretas, voos danzantes;

sapoconchos de cores baixo a fervenza.


A brétema do amencer que me invade,

dende o Cabo Fisterra, fin do mundo.

Un neboeiro cargado de saudade,

coma doce aloumiño; sentir profundo.


Esa é a morriña, de cando non estou,

non sinto agarimo, non sinto ledicia.

Abracadabrante esperpento ao chou,

Abraiante sentimento por ti, Galicia. 


Sete cruceiros máis sete cidades,

leva a bandeira das sete capitales.

Así é o noso escudo, sen banalidades.

O lar máis belo, Galicia, sen iguales.

Comentarios

  • antonio chavezantonio chavez Miguel de Cervantes s.XVII


    Lindas estrofes de suas "Sete cruzeiros, sete cidades". Vocé e poeta quintessencial da Corunha deste fórum 

     :)

     
  • GadesGades Garcilaso de la Vega XVI
    Oh qué placer encontrarme con voces galegas. El lunes era el día de las letras gallegas. Felicidades amigo que tan bien las representas.
  • cehi dijo:


    Lindas estrofes de suas "Sete cruzeiros, sete cidades". Vocé e poeta quintessencial da Corunha deste fórum 

     :)

     

    Gracias socio. La verdad es que tenía ganas de escribir algo en el idioma de mi tierra; aunque tengo que reconocer que me cuesta mucho más que el castellano. 
  • Gades dijo:
    Oh qué placer encontrarme con voces galegas. El lunes era el día de las letras gallegas. Felicidades amigo que tan bien las representas.
    El placer es mío, Gades. He leído varios poemas tuyos, y si me dices que te gusta, pues ya me doy con un canto en los dientes. Un abrazo, y espero seguir leyendo nuevos escritos tuyos.🙂
Accede o Regístrate para comentar.


Para entrar en contacto con nosotros escríbenos a informa (arroba) forodeliteratura.com